Expresión das cepas máis vellas da casa cunha produción limitada. Embotellado ao principio do verán seguinte á colleita, tras os fríos invernais que reducen a acidez do tártaro, e as suaves calores primaverais que completan a fermentación maloláctica que finalmente o domestica.
Viñedo
Mimada selección das cepas máis vellas para obter a máxima tipicidade da variedade con chans maioritariamente areentos.
Climatoloxía:
Ano cuns valores normais en temperatura pero lixeiramente húmido en canto a precipitacións. Non obstante, o verán caracterizouse pola súa estabilidade con altas temperaturas e escasas chuvias, tendo o mes de xullo e setembro máis cálidos dende 1984 e 1990 respectivamente. Isto permitiu gozar de numerosas xornadas consecutivas de tempo soleado, favorecendo a acumulación de azucres e a baixa acidez no froito. As uvas obtivéronse cun grao alcohólico alto e unha maduración moi boa.
Elaboración
Vendima manual en caixas de 15 kg. As uvas despalíllanse e sométense a un prensado suave. O mosto obtido macérase durante 6-8 horas, déixase repousar e desfángase lixeiramente por gravidade. Unha vez realizada a fermentación espontánea en depósitos de inox e inmediatamente despois do descube, realízase a batonage das súas lías durante aproximadamente 6 meses, dependendo da añada. Unha vez finalizado traségase, fíltrase e embotéllase.
Notas de la cata
Vista: presenta un ton dourado marcado resultante da maceración en contacto coas uvas segundo a forma de facer tradicional.
Nariz: complexidade aromática con grande intensidade. Resaltan aromas típicos da variedade con recordos a froitas maduras.
Boca: redondo e amplo. Gran mineralidade, acidez viva e retrogusto cítrico. As sensacións sápidas mantéñense longo tempo na boca.
Expresión das cepas máis vellas da casa cunha produción limitada. Embotellado ao principio do verán seguinte á colleita, tras os fríos invernais que reducen a acidez do tártaro, e as suaves calores primaverais que completan a fermentación maloláctica que finalmente o domestica.