Viño varietal e directo, cunha destacada salinidade e toques minerais.
Viñedo
Selección das parcelas máis próximas ao mar para obter a máxima tipicidade da variedade, con cepas de 25 anos de antigüidade e chans maioritariamente arenosos.
Climatoloxía:
Ano cálido en canto a temperatura media, cunha anomalía de +0,2 º C, e húmido, con precipitacións un 15 % por encima do normal. Destacaron as temperaturas de febreiro (máis cálido do esperado, provocando unha brotación prematura que sufriu en meses posteriores co frío) e xuño (máis frío do normal, o que provocou a aparición de mildiu).
Elaboración
Vendima manual en caixas de 15 kg. As uvas despalíllanse e sométense a un prensado suave. O mosto obtido déixase repousar e desfángase por gravidade. Realiza a fermentación espontánea a temperatura controlada en depósitos de inox. Posterior descube quedándose coas súas lías máis finas disoltas. Déixase repousar sobre estas durante 4 meses, antes da súa trasiega, filtrado e embotellado.
Notas da cata
Vista: amarelo paxizo, brillante e limpo con reflexos verdosos.
Nariz: resaltan os aromas propios da variedade, con recordos cítricos e de notas marítimas.
Boca: directo e afiado. Acidez vibrante, cunha destacada salinidade e toques minerais.