PREGUNTAS FRECUENTES

Que inclúe o prezo do transporte?

As tarifas que se detallan nesta páxina inclúen, ademais do transporte dos produtos solicitados, a súa embalaxe en caixas especialmente deseñadas para transportar botellas, o seguro contra perda ou rotura, así como o IVE nos territorios onde se aplica o devandito imposto.

Ofrecen transporte gratuíto a partir dun determinado número de botellas ou importe?

A partir de 150 euros de compra e sempre que o pedido se realice directamente na nosa web (é dicir, non por teléfono nin mediante correo electrónico) ofrecemos gastos de envío gratis, se o destino é en territorio de España peninsular. Para os demais destinos ofrecemos un desconto equivalente.

Canto tardará en chegar o meu pedido?

Na península ibérica, os pedidos normalmente tardan entre 2 e 3 días hábiles en ser entregado. O tempo empeza a contar dende as 9 da mañá do seguinte día laborable á confirmación do pedido.

Que pasa se rompe algunha botella polo camiño?

No caso de que se rompa algunha botella durante o seu transporte, Adegas Casa Monte Pío fará as xestións pertinentes para recuperar todos os produtos do seu pedido, e fará unha reexpedición completa de todos os produtos do seu pedido.
Se cando recibe o pedido detecta algunha caixa húmida ou sospeita que se puidese producir unha rotura, non acepte o pedido, e póngase en contacto connosco para que xestionemos a incidencia.

E se non estou na casa cando chegue o transportista?

Nese caso, o transportista deixará unha nota cun teléfono ao que poderá chamar para acordar un novo día e hora de entrega.

Teño que pagar algo á empresa de transporte?

O transporte está incluído no prezo total do pedido.
Garantía de devolución
Se o viño non está en condicións pode devolvérnolo e substituirémolo por unha nova botella ou produto no prazo de 15 días.


PARA ACCEDER A NOSA WEB DEBE SER MAIOR DE IDADE

teño

Menor de edad
Menor de edad

teño

Menor de edad
X

Sentímolo


Non se permite o acceso ao noso sitio web a menores

Volta cando teñas cumplidos os 18.