Bodega

A
Bodega

CASA MONTE PÍO é unha adega familiar pertencente á Denominación de Orixe Rías Baixas, situada no municipio de Ribadumia, dentro da subzona Val do Salnés.

Constituída en 1979, é a materialización dunha actividade mantida por tantas xeracións como temos memoria, unidas polo empeño en sacar o máximo partido ás nosas cepas, apostando polo traballo na viña e respectando o "terroir".

A educación, a transmisión de coñecemento e o consello dos maiores non están reñidos coa experimentación e as traxectorias, nalgúns casos novidosas, que seguen as novas xeracións.

Dende a colleita 2014, Pablo Martínez dedica todo o seu tempo ao coidado dos nosos viñedos e á elaboración dos nosos viños, como o noso enólogo viticultor.

Conscientes de que o segredo dun bo caldo está no chan, en sacar o máximo partido ás nosas variedades autóctonas e en obter as mellores uvas; cada colleita interpretamos a viña dunha forma distinta, considerando a cada cepa como un individuo e á terra como un ser vivo.

Os nosos viños son algo máis que un líquido sedoso e brillante que xermola unha vez ao ano dun acio de uvas. Cada unha das nosas botellas encerra o misterio dunha terra e unhas uvas únicas; unha luz, aromas, flora e fauna inimitables; unha tradición e historia irrepetibles.

Os nosos viños son un resumo envasado dos sinais de identidade xurdidos na nosa historia, nos que chan e uvas alcanzan a súa máxima expresión.


PARA ACCEDER A NOSA WEB DEBE SER MAIOR DE IDADE

teño

Menor de edad
Menor de edad

teño

Menor de edad
X

Sentímolo


Non se permite o acceso ao noso sitio web a menores

Volta cando teñas cumplidos os 18.